Sunday 12 de May de 2024

Sen solucións para os problemas de tráfico no Temple


A aprobación definitiva do SAU-RD1 A Barcala por parte da Xunta, pon en “xaque” á veciñanza do Temple, xa que esta aprobación non ven acompañada de ningunha medida para a mellora da mobilidade na zona.

A recalificación destes terreos trae 195 vivendas novas para esta zona, o que traerá de consecuencia un notable incremento de vehículos nunha área do municipio no que a saturación de tráfico xa é un grave problema na actualidade.

A veciñanza trasladou a forte preocupación polo caos que se vén encima do vecindario, non solo polos anos nos que se desenvolvan as obras, senón polo empeoramento dos problemas de tráfico e aparcadoiro nun futuro.

Alternativa esixe que este plan se acompañe de realidades para a mobilidade viaria cambresa.